{"id":1761,"date":"2024-06-20T07:14:23","date_gmt":"2024-06-20T07:14:23","guid":{"rendered":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/noticias\/o-concello-de-brion-recibe-unha-axuda-de-27meu-do-miteco-para-cambiar-3118-puntos-de-luz-e\/"},"modified":"2024-06-20T07:14:23","modified_gmt":"2024-06-20T07:14:23","slug":"o-concello-de-brion-recibe-unha-axuda-de-27meu-do-miteco-para-cambiar-3118-puntos-de-luz-e","status":"publish","type":"noticias","link":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/noticias\/o-concello-de-brion-recibe-unha-axuda-de-27meu-do-miteco-para-cambiar-3118-puntos-de-luz-e\/","title":{"rendered":"O Concello de Bri\u00f3n recibe unha axuda de 2,7M\u20ac do MITECO para cambiar 3.118 puntos de luz e 110 centros de mando no municipio"},"content":{"rendered":"<blockquote>\n<p><em>Mar\u00eda Rivas subli\u00f1a que nesta convocatoria foron adxudicatarios na provincia os concellos de Betanzos, Bri\u00f3n, Fene, Moeche, Tordoia e Val do Dubra, ascendendo o importe concedido a 6,6 mill\u00f3ns de euros<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n<p>O Concello de Bri\u00f3n recibir\u00e1 unha axuda de 2.770.900 euros para substitu\u00edr o 90% do seu alumeado p\u00fablico con cargo ao Fondo Nacional de Eficiencia Enerx\u00e9tica. O alcalde brion\u00e9s, Pablo Lago Sanmart\u00edn, recibiu de man da subdelegada do Goberno na Coru\u00f1a, Mar\u00eda Rivas, a confirmaci\u00f3n de que o Ministerio para a Transici\u00f3n Ecol\u00f3xica e o Reto Demogr\u00e1fico (MITECO) aprobou o proxecto presentado polo Concello de Bri\u00f3n \u00e1 primeira convocatoria do programa de axuda para proxectos singulares para a renovaci\u00f3n de instalaci\u00f3ns de alumeado exterior municipal.<\/p>\n<p>Pablo Lago e Mar\u00eda Rivas visitaron varias localidades de Bri\u00f3n onde se vai actuar. As\u00ed, o alcalde brion\u00e9s explica que \u201cdespois dos 285.000 euros investidos na mellora do alumeado p\u00fablico nas parroquias dos \u00c1nxeles, Bri\u00f3n e Boull\u00f3n, agora imos cambiar a LED todo o alumeado p\u00fablico de Bri\u00f3n, cubrindo todas as \u00e1reas que te\u00f1en d\u00e9ficit de alumeado e instalando unha tecnolox\u00eda moito m\u00e1is eficiente ca actual. Isto permitiranos ofrecer un mellor servizo ao tempo que reducimos o consumo el\u00e9ctrico e coidamos do noso medio ambiente, xa que nos permitir\u00e1 <strong>aforrar m\u00e1is de 132.000 euros anuais na factura el\u00e9ctrica<\/strong> e reducir o consumo nun 65%\u201d.<\/p>\n<p>Neste proxecto est\u00e1n inclu\u00eddos un total de <strong>3.118 puntos de luz<\/strong>, cunha potencia media instalada de 110,72 vatios e con 4.200 horas anuais de funcionamento. Uns equipos que ser\u00e1n substitu\u00eddos por luminarias LED que, xunto coa <strong>revisi\u00f3n de 110 centros de mando e a instalaci\u00f3n de 30 reloxos astron\u00f3micos, 20 reloxos mec\u00e1nicos de patillas e 94 fotoc\u00e9lulas permitir\u00e1n un aforro enerx\u00e9tico pr\u00f3ximo ao 65%<\/strong>. \u201cCoa instalaci\u00f3n destes equipos de telexesti\u00f3n nos cadros el\u00e9ctricos conseguirase un maior control sobre o consumo e \u00e1 hora de actuar no caso de futuras avar\u00edas, contribu\u00edndo a mellorar a eficiencia e a calidade do servizo a veci\u00f1anza\u201d, destaca o alcalde brion\u00e9s.<\/p>\n<p><strong>Aforro enerx\u00e9tico<\/strong><\/p>\n<p>Na actualidade, Bri\u00f3n conta cunha potencia instalada de 348.229,5 vatios, cun consumo de enerx\u00eda de 1.462.563,9 kW\/h e un custe de 212.364,28 euros anuais. Unha vez executado este proxecto, a potencia instalada reducirase a 175.087,5 vatios, o consumo de enerx\u00eda baixar\u00e1 a 551.525,63 kW\/h e o custe da factura el\u00e9ctrica para o Concello descender\u00e1 ata os 80.081,52 euros, \u00e9 dicir, un aforro de m\u00e1is de 132.000 euros cada ano.<\/p>\n<p>Este aforro xurde tanto pola reduci\u00f3n da potencia das l\u00e1mpadas LED fronte \u00e1s actuais de descarga, como por unha mellor xesti\u00f3n do fluxo lum\u00ednico: tanto pola s\u00faa reduci\u00f3n durante a noite como pola correcta utilizaci\u00f3n das \u00f3pticas, que dirixen a luz al\u00f3 onde \u00e9 precisa e evitan a contaminaci\u00f3n lum\u00ednica. As\u00ed, os equipos actuais emiten un 15% do fluxo total ao hemisferio superior, mentres que coa nova tecnolox\u00eda este valor ser\u00e1 inferior ao 5%. Por todo isto, a certificaci\u00f3n enerx\u00e9tica de todo o alumeado p\u00fablico brion\u00e9s pasar\u00e1 a ser A.<\/p>\n<p><strong>Pa\u00eds verde e sostible<\/strong><\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, Mar\u00eda Rivas puxo Bri\u00f3n como exemplo da aposta do Goberno polos pequenos concellos \u201cque est\u00e1n chamados a ser protagonistas da transformaci\u00f3n de Espa\u00f1a cara un pa\u00eds verde, dixital, sostible e cohesionado, para acadar os obxectivos do reto demogr\u00e1fico\u201d.<\/p>\n<p>\u00c9 nesta mesma li\u00f1a, a de apostar pola transici\u00f3n verde, na que est\u00e1 enmarcada esta axuda concedida polo Ministerio para a Transici\u00f3n Ecol\u00f3xica e o Reto Demogr\u00e1fico, a trav\u00e9s do Instituto para a Diversificaci\u00f3n da Enerx\u00eda IDAE. \u201cSon 2,7 mill\u00f3ns de euros que servir\u00e1n para que o goberno de Bri\u00f3n afronte a mellora enerx\u00e9tica do alumeado municipal do Concello, unha acci\u00f3n que tam\u00e9n supor\u00e1 un importante aforro econ\u00f3mico para o concello, e todo isto se fai no marco da colaboraci\u00f3n e cooperaci\u00f3n institucional que marca a acci\u00f3n do Goberno\u201d, apunto a subdelegada. Un pr\u00e9stamo a interese cero e a devolver polo Concello de Bri\u00f3n en 10 anos, cos primeiros doce meses de carencia.<\/p>\n<p>Mar\u00eda Rivas subli\u00f1ou a importancia de acometer este tipo de melloras, xa que redunda nun mellor servizo para toda a veci\u00f1anza, o que sen d\u00fabida favorece o asentamento da poboaci\u00f3n nos concellos m\u00e1is rurais, e tam\u00e9n axuda \u00e1s pequenas e medianas empresas a que opten por estes concellos para implantarse. \u201cO Goberno est\u00e1 comprometido co apoio aos concellos rurais na mellora dos seus servizos, das s\u00faas infraestruturas, xa que son imprescindibles para favorecer que a poboaci\u00f3n se quede e faga neles o seu proxecto vital. Estamos facendo compatible a mellora dos servizos, coa transici\u00f3n ecol\u00f3xica e coa loita contra o despoboamento, e ademais fac\u00e9molo baixo o respecto e a m\u00e1xima colaboraci\u00f3n entre instituci\u00f3ns\u201d.<\/p>\n<p>A subdelegada insistiu en que \u201ctr\u00e1tase de garantir \u00e1s persoas que viven nos pequenos concellos un futuro no que conten coas mesmas oportunidades\u201d. De feito, nesta convocatoria foron adxudicatarios na provincia os concellos de Betanzos, Bri\u00f3n, Fene, Moeche, Tordoia e Val do Dubra, ascendendo o importe concedido para todos eles a 6.638.392,52 euros.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pablo Lago destaca que este proxecto \u201cpermitir\u00e1 cambiar a LED todo o alumeado p\u00fablico de Bri\u00f3n, cubrir todas as zonas con d\u00e9ficit de luz, reducir o consumo nun 65% e aforrar m\u00e1is de 132.000 euros\/anuais\u201d<\/p>\n","protected":false},"featured_media":1760,"template":"","meta":{"_start_date":"","_end_date":"","_formatted_date":"","_start_time":"","_end_time":"","_extra_info":"","_acta_year":"","_acta_date":"","_post_attachments":[]},"categories":[],"class_list":["post-1761","noticias","type-noticias","status-publish","has-post-thumbnail","hentry"],"categories_data":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/noticias\/1761","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/noticias"}],"about":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/noticias"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1760"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1761"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1761"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}