{"id":1739,"date":"2021-07-01T10:32:27","date_gmt":"2021-07-01T10:32:27","guid":{"rendered":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/noticias\/o-concello-de-brion-inviste-mais-de-85000-euros-na-mellora-da-sua-rede-de-saneamento-e\/"},"modified":"2021-07-01T10:32:27","modified_gmt":"2021-07-01T10:32:27","slug":"o-concello-de-brion-inviste-mais-de-85000-euros-na-mellora-da-sua-rede-de-saneamento-e","status":"publish","type":"noticias","link":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/noticias\/o-concello-de-brion-inviste-mais-de-85000-euros-na-mellora-da-sua-rede-de-saneamento-e\/","title":{"rendered":"O Concello de Bri\u00f3n inviste m\u00e1is de 85.000 euros na mellora da s\u00faa rede de saneamento e abastecemento de auga"},"content":{"rendered":"<p>O Concello de Bri\u00f3n est\u00e1 a investir 86.953,89 euros no mantemento e mellora da s\u00faa rede de abastecemento e saneamento en sete localidades pertencentes \u00e1 parroquias de Bri\u00f3n, Bastavales, San Salvador e Os \u00c1nxeles. Un proxecto que ser\u00e1 acometido ao longo das pr\u00f3ximas semanas pola brigada municipal de obras, previa compra de todo o material preciso con cargo ao POS+ 2020 da Deputaci\u00f3n Provincial da Coru\u00f1a.<\/p>\n<p>O alcalde de Bri\u00f3n, Pablo Lago Sanmart\u00edn, explica que \u201cnas pr\u00f3ximas semanas imos mellorar a rede de saneamento e abastecemento de sete localidades do noso municipio, tanto para dar servizo a vivendas que carec\u00edan destes servizos como para mellorar o servizo de abastecemento de auga a aldeas como Bastavali\u00f1os, Cabanas e Sa\u00edme, reforzando os bombeos para garantir a presi\u00f3n da auga durante o ver\u00e1n e mellorar o servizo durante todo o ano aos veci\u00f1os e \u00e1s veci\u00f1as\u201d.<\/p>\n<p>Os traballos deron comezo esta semana na r\u00faa Gondar, no n\u00facleo de Pedrouzos (Bri\u00f3n). Neste caso tr\u00e1tase da ampliaci\u00f3n da rede de saneamento cun novo tramo de canalizaci\u00f3n de PVC de 250 mil\u00edmetros de 350 metros de lonxitude para dar servizo a parcelas e vivendas que a\u00ednda non dispo\u00f1\u00edan del. \u201cUnha situaci\u00f3n semellante \u00e1 da aldea de Chave da Ponte, onde o incremento de vivendas e de poboaci\u00f3n nos \u00faltimos anos fai preciso aumentar a rede de saneamento actual\u201d, apunta Pablo Lago. Nese caso, os obreiros municipais instalar\u00e1n un novo tramo de canalizaci\u00f3n de PVC de 250 mil\u00edmetros e 526 metros de lonxitude.<\/p>\n<h4>Melloras no abastecemento de cara o ver\u00e1n<\/h4>\n<p>Por outra banda, as brigadas municipais de obras acometer\u00e1n cinco actuaci\u00f3ns de mellora na rede de abastecemento de auga. A primeira delas ter\u00e1 lugar na aldea de Bastavali\u00f1os, onde xa est\u00e1 mesmo instalada a caseta de obras. Nesta aldea da parroquia de Bastavales, as\u00ed como nas localidades de Cabanas (Os \u00c1nxeles) e Sa\u00edme (Bastavales), o Concello de Bri\u00f3n colocar\u00e1 un reforzo por bombeo para garantir a chegada e a presi\u00f3n da auga en determinadas \u00e9pocas, sobre todo no ver\u00e1n.<\/p>\n<p>Finalmente, as brigadas municipais acometer\u00e1n un paso soterrado en Soutullos (San Salvador) para modificar a actual rede de abastecemento de auga co obxectivo de garantir un mellor servizo. Finalmente, na localidade de Bemil (Bastavales) realizaranse actuaci\u00f3ns de ampliaci\u00f3n da rede de saneamento e abastecemento de augas para levar estes servizos a varias vivendas da aldea que carecen del.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As obras comezaron pola r\u00faa Gondar (Bri\u00f3n) e ter\u00e1n continuidade nas pr\u00f3ximas semanas en Bemil, Chave da Ponte, Bastavali\u00f1os e Sa\u00edme (Bastavales), Soutullos (San Salvador) e Cabanas (Os \u00c1nxeles)<\/p>\n","protected":false},"featured_media":1738,"template":"","meta":{"_start_date":"","_end_date":"","_formatted_date":"","_start_time":"","_end_time":"","_extra_info":"","_acta_year":"","_acta_date":"","_post_attachments":[]},"categories":[],"class_list":["post-1739","noticias","type-noticias","status-publish","has-post-thumbnail","hentry"],"categories_data":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/noticias\/1739","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/noticias"}],"about":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/noticias"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1738"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1739"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1739"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}