{"id":1715,"date":"2023-03-23T13:36:13","date_gmt":"2023-03-23T13:36:13","guid":{"rendered":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/noticias\/o-concello-de-brion-e-real-federacion-galega-de-futbol-asinan-o-convenio-para-facer-o\/"},"modified":"2023-03-23T13:36:13","modified_gmt":"2023-03-23T13:36:13","slug":"o-concello-de-brion-e-real-federacion-galega-de-futbol-asinan-o-convenio-para-facer-o","status":"publish","type":"noticias","link":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/noticias\/o-concello-de-brion-e-real-federacion-galega-de-futbol-asinan-o-convenio-para-facer-o\/","title":{"rendered":"O Concello de Bri\u00f3n e a Real Federaci\u00f3n Galega de F\u00fatbol asinan o convenio para facer o proxecto de acondicionamento e remodelaci\u00f3n do campo de f\u00fatbol Jos\u00e9 Pumar"},"content":{"rendered":"<p>O alcalde de Bri\u00f3n, Pablo Lago Sanmart\u00edn, e o presidente da Real Federaci\u00f3n Galega de F\u00fatbol (RFGF), Rafael Louz\u00e1n Abal, asinaron esta ma\u00f1\u00e1 un convenio para a redacci\u00f3n do proxecto de acondicionamento e remodelaci\u00f3n do campo de f\u00fatbol Jos\u00e9 Pumar, na parroquia de Bastavales. Un acto que tivo lugar no Concello brion\u00e9s e ao que asistiron o tesoureiro da RFGF, Lu\u00eds Serantes, e a presidenta do Bastavales UD, Ana Bouzas.<\/p>\n<p>Pablo Lago salientou que \u201ccon esta sinatura o que facemos \u00e9 garantir que este proxecto ser\u00e1 unha realidade despois de moitos anos agardando por el, sobre todo dende o club, pero agora xa vedes que vai para adiante. Temos o compromiso asinado da colaboraci\u00f3n da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e o Concello tam\u00e9n disp\u00f3n da s\u00faa achega, polo que agardamos que as obras poidan comezar canto antes\u201d.<\/p>\n<p>Neste sentido, Rafael Louz\u00e1n confirmou que \u201co proxecto ter\u00e9molo listo aproximadamente en quince d\u00edas\u201d, debido a que dende a Federaci\u00f3n xa se puxeran a traballar nel con meses de antelaci\u00f3n. \u201cNon \u00e9 algo que adoitemos facer pero, como vimos a boa intenci\u00f3n do Concello e dende o club tam\u00e9n nos insistiron moito, valoramos ese compromiso e tomamos a decisi\u00f3n de facer o proxecto\u201d, explicou o presidente da RFGF.<\/p>\n<p>Unhas xesti\u00f3ns que agradeceu Pablo Lago quen adianta que \u201cfar\u00e9mosllo chegar \u00e1 Deputaci\u00f3n e, a partir de a\u00ed, po\u00f1ernos mans \u00e1 obra. Falta pouco pero tampouco quero enganar a ningu\u00e9n e que pensen que isto vai comezar ma\u00f1\u00e1. Os tempos da Administraci\u00f3n son os que son pero hoxe deixamos o cami\u00f1o ben marcado que \u00e9 o importante\u201d.<\/p>\n<p><strong>Investimento de 550.000 euros<\/strong><\/p>\n<p>O convenio asinado hoxe recolle que a Real Federaci\u00f3n Galega de F\u00fatbol ser\u00e1 a encargada de redactar o proxecto das novas instalaci\u00f3ns deportivas, asumindo o seu coste para despois entregarllo ao Concello de Bri\u00f3n, que se encargar\u00e1 de executalo. As\u00ed mesmo, o Concello comprom\u00e9tese a incorporar\u00e1 no campo de f\u00fatbol unha placa indicando a colaboraci\u00f3n da Federaci\u00f3n, as\u00ed como d\u00faas pancartas promocionais da RFGF ao p\u00e9 do terreo de xogo durante as pr\u00f3ximas tres temporadas e a inserci\u00f3n do logotipo da Federaci\u00f3n no c\u00e9spede do terreo de xogo. Finalmente, cont\u00e9mplase que, de ter lugar un acto de inauguraci\u00f3n das obras, o Concello deber\u00e1 convidar ao presidente da RFGF.<\/p>\n<p>As obras supor\u00e1n unha remodelaci\u00f3n integral do campo de f\u00fatbol que v\u00e9n empregando o Bastavales UDE, inclu\u00edda unha ampliaci\u00f3n da s\u00faa superficie en dez metros. As\u00ed, coas novas dimensi\u00f3ns poderase xogar tanto a F\u00fatbol-11 como a F\u00fatbol-8, en dous campos de xogo. O proxecto incl\u00fae tam\u00e9n un novo alumeado, con catro torres de 20 metros e proxectores LED, as\u00ed como una rede para a recollida da auga da chuvia e a instalaci\u00f3n dunha nova rede de rego e dun peche das instalaci\u00f3ns en aluminio. Unha actuaci\u00f3n que supor\u00e1 un investimento de case 550.000 euros.<\/p>\n<p>Alcalde e presidenta do club sinalaron que, debido aos temporais deste inverno, o Concello de Bri\u00f3n xa tivo que facer unha actuaci\u00f3n de emerxencia nun muro da instalaci\u00f3n, traballos que aproveitou para nivelar xa ese terreo.<\/p>\n<p><strong>Campos da Lua\u00f1a e Bri\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>Pablo Lago aproveitou o encontro para comentarlle a Rafael Louz\u00e1n a boa marcha das obras de renovaci\u00f3n do campo de f\u00fatbol do Bormeiral, na Lua\u00f1a, nas que o Concello de Bri\u00f3n inviste 15.000 euros. Nestes momentos estase a asentar o novo c\u00e9spede de herba natural plantado polo Concello, despois dunha importante actuaci\u00f3n para nivelar o antigo campo de terra, e despois dotarase \u00e1 instalaci\u00f3n dun novo alumeado.<\/p>\n<p>As\u00ed mesmo, Lago Sanmart\u00edn falou da situaci\u00f3n do campo municipal de Bri\u00f3n: \u201cco\u00f1ecemos a problem\u00e1tica que ten este campo. Primeiro, porque as dimensi\u00f3ns non son as id\u00f3neas e estamos estudando a posibilidade de amplialo cara a estrada. Canda exista esa posibilidade, levantaremos tam\u00e9n o terreo de xogo, que xa ten case quince anos e as\u00ed deixaremos esta instalaci\u00f3n en condici\u00f3ns\u201d.<\/p>\n<p>Unha informaci\u00f3n que valorou o presidente da RFGF, quen destacou que \u201c\u00e9 un campo que est\u00e1 moi ben situado, ten boas comunicaci\u00f3n e \u00e9 c\u00e9ntrico a nivel de toda Galicia, pero ten eses problemas. N\u00f3s estariamos encantados de poder vir a Bri\u00f3n con eventos deportivos que estamos organizando noutros municipios\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O convenio foi asinado esta ma\u00f1\u00e1 polo alcalde, Pablo Lago, e o presidente da RFGF, Rafael Louz\u00e1n, acompa\u00f1ados da presidenta do Bastavales UD, Ana Bouzas<\/p>\n","protected":false},"featured_media":1714,"template":"","meta":{"_start_date":"","_end_date":"","_formatted_date":"","_start_time":"","_end_time":"","_extra_info":"","_acta_year":"","_acta_date":"","_post_attachments":[]},"categories":[],"class_list":["post-1715","noticias","type-noticias","status-publish","has-post-thumbnail","hentry"],"categories_data":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/noticias\/1715","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/noticias"}],"about":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/noticias"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1714"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1715"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1715"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}