{"id":1617,"date":"2024-05-20T09:41:25","date_gmt":"2024-05-20T09:41:25","guid":{"rendered":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/noticias\/jose-luis-banos-de-cos-recibe-en-brion-o-vi-premio-laudamuco\/"},"modified":"2024-05-20T09:41:25","modified_gmt":"2024-05-20T09:41:25","slug":"jose-luis-banos-de-cos-recibe-en-brion-o-vi-premio-laudamuco","status":"publish","type":"noticias","link":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/noticias\/jose-luis-banos-de-cos-recibe-en-brion-o-vi-premio-laudamuco\/","title":{"rendered":"Jos\u00e9 Lu\u00eds Ba\u00f1os de Cos recibe en Bri\u00f3n o VI Premio Laudamuco"},"content":{"rendered":"<p>Na v\u00e9spera da gran celebraci\u00f3n das nosas Letras, o 16 de maio, o certame literario convocado polo Concello de Bri\u00f3n, en colaboraci\u00f3n coa Academia Galega de Teatro e Edici\u00f3ns Positivas, celebrou a cerimonia de entrega da s\u00faa sexta edici\u00f3n, que reco\u00f1eceu o texto teatral presentado a concurso por Jos\u00e9 Lu\u00eds Ba\u00f1os de Cos. O galard\u00f3n est\u00e1 dotado cun premio de 7.000 euros, unha figura conmemorativa elaborada polo prestixioso artista Xos\u00e9 Vizoso e a edici\u00f3n da obra por parte de Edici\u00f3ns Positivas.<\/p>\n<p>O texto premiado,\u00a0\u201cA porta. Un relato de violencia\u201d,\u00a0 foi seleccionado entre as 49 obras presentadas nesta edici\u00f3n polo xurado composto por Xoana Balado Fern\u00e1ndez, Antonio Francisco Sim\u00f3n \u00c1lvarez P\u00e9rez, Miguel Pernas Cora, Francisco Oti R\u00edos e Carlos Vizca\u00edno Fern\u00e1ndez, quen actuou como secretario. Xoana Balado destacou que \u201co texto pos\u00fae unha poderosa dramaturxia constru\u00edda a partir do cruzamento entre ficci\u00f3n e realidade, personaxes e int\u00e9rpretes, metateatro e psicodrama, ben como o feito de a obra constru\u00edr unha abafante atmosfera b\u00e9lica como eixo do conflito humano, inclu\u00eddo o propio proceso de creaci\u00f3n\u201d.<\/p>\n<p>O alcalde de Bri\u00f3n, Pablo Lago Sanmart\u00edn, destacou o traballo realizado pola Academia Galega do Teatro, Edici\u00f3ns Positivas, o Xurado do Premio e o Departamento de Cultura do Concello de Bri\u00f3n, \u201cen especial de Sandy Cebral, concelleira de Cultura, e Alberto \u00c1lvarez, t\u00e9cnico de Cultura, porque sen eles nada disto ser\u00eda posible\u201d. As\u00ed mesmo, recordou que \u201ceste premio naceu para homenaxear a Roberto Vidal Bola\u00f1o e tam\u00e9n para cumprir o seu desexo de poder contar cunha importante escolma de textos teatrais en galego, paso fundamental \u00e1 hora da profesionalizaci\u00f3n do teatro en Galicia. Pois ben, cos 49 obras presentadas este ano xa son m\u00e1is de trescentas obras teatrais as promovidas por este Premio Laudamuco. Que se di pronto\u2026\u201d.<\/p>\n<p>Pola d\u00faa banda, Xos\u00e9 Lu\u00eds Ba\u00f1os de Cos explicou que recibir o Premio Laudamuco \u201c\u00e9 un so\u00f1o. Eu empecei moi tarde a escribir teatro e Vidal Bola\u00f1o foi para min un super heroe\u201d. Tras agradecer ao Concello de Bri\u00f3n, \u00e1 Academia Galega de Teatro e a Edici\u00f3ns Positivas o seu labor de apoio ao teatro, asegurou: \u201ceu son xente de teatro, vou ao teatro, leo teatro\u2026 e hoxe vexo aqu\u00ed reunida a xente de teatro da que son moi fan, non dos que piden aut\u00f3grafos pero que son xente que admiro moito. Ent\u00f3n, un premio dedicado a Roberto Vidal Bola\u00f1o, tan importante no teatro galego, co\u00f1ecer a Paco (Francisco Mac\u00edas) e estar hoxe aqu\u00ed con todos v\u00f3s \u00e9 unha experiencia inenarrable. E te\u00f1o a sorte de que hoxe estean aqu\u00ed persoas que son historia do teatro e que vi\u00f1eron a verme. Estou como un neno pequeno nun d\u00eda de Reis\u201d. Incluso chanceou coa ilusi\u00f3n de \u201cco\u00f1ecer xente que co\u00f1eceu directamente Vidal Bola\u00f1o \u00e9 como se: podo tocar para ver se as\u00ed se transmite algo?\u201d.<\/p>\n<p>O ga\u00f1ador reivindicou tam\u00e9n a importancia dos premios e sinalou que \u201cesta obra naceu polo tema da violencia. Por que tanta violencia? Todos sabemos o que est\u00e1 pasando en Gaza e a min c\u00f3lleme de preto porque estiven un mes al\u00f3 cunha beca. E t\u00e9\u00f1oo moi marcado. D\u00e1me moito que pensar. Outra das cousas que me levou a escribir esta obra foron as violaci\u00f3ns das mulleres nas guerras. O papel da muller na sociedade, na familia\u2026 e as violaci\u00f3ns non se te\u00f1en en conta como delitos de guerra\u201d.<\/p>\n<h3>O autor <\/h3>\n<p>Jos\u00e9 Lu\u00eds Ba\u00f1os de Cos (Jer\u00e9z de la Frontera, 1977) \u00e9 licenciado en Dereito e en Antropolox\u00eda Social. Leva anos residindo en Santiago de Compostela entregado a s\u00faa paix\u00f3n polas artes esc\u00e9nicas. Como dramaturgo, obtivo varios premios teatrais, entre os que destacan o Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle (2018) con \u201cO c\u00edrculo\u201d; o Premio Abrente do MIT de Ribadavia (2019) con \u201cAsfixia\u201d; o Premio Roberto Vidal Bola\u00f1o (2020) con \u201cA c\u00e1mara escura\u201d; o Premio de Textos Teatrais dirixidos a P\u00fablico Infantil da Escola Navarra de Teatro (2021), con \u201cO neno que se agochaba dentro dunha caixa de galletas\u201d; o VIII Premio Teatral Varela Bux\u00e1n (2021) con \u201cSegunda morte\u201d; e o Premio Barriga Verde para textos de monicreques, na modalidade de adultos (2022) con \u201cNas nubes.\u201d<\/p>\n<p>Jos\u00e9 Lu\u00eds Ba\u00f1os de Cos sucede no palmar\u00e9s do Premio Laudamuco a Vicente Pi\u00f1eiro, Paula Carballeira Cabana, Francisco Antonio Vidal Blanco, Ra\u00fal Dans e Xavier Lama L\u00f3pez, ga\u00f1adores das edici\u00f3ns anteriores. Nas s\u00faas cinco primeiras edici\u00f3ns, o galard\u00f3n recaeu no lucense Xavier Lama L\u00f3pez por \u201cNa mi\u00f1a alma ouvea un lobo\u201d (2019), no coru\u00f1\u00e9s Ra\u00fal Dans Mayor por \u201cS\u00f3 un home bo\u201d (2020) e no ribeirense Francisco Antonio Vidal Blanco por \u201cA vinganza de Fortimbr\u00e1s\u201d (2021), na teense Paula Carballeira Cabana por \u201cDentes de coello\u201d (2023) e no lucense Vicente Pi\u00f1eiro por \u201cDev\u00f3lvenos a Xerm\u00e1nico!\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O escritor andaluz, afincado en Galicia, recolleu o Premio Laudamuco para textos teatrais pola obra \u201cA porta. Un relato de violencia\u201d, que lle foi entregado polo alcalde de Bri\u00f3n, Pablo Lago Sanmart\u00edn.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":1616,"template":"","meta":{"_start_date":"","_end_date":"","_formatted_date":"","_start_time":"","_end_time":"","_extra_info":"","_acta_year":"","_acta_date":"","_post_attachments":[]},"categories":[],"class_list":["post-1617","noticias","type-noticias","status-publish","has-post-thumbnail","hentry"],"categories_data":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/noticias\/1617","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/noticias"}],"about":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/noticias"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1616"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1617"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1617"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}