{"id":1551,"date":"2023-11-10T08:48:15","date_gmt":"2023-11-10T08:48:15","guid":{"rendered":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/noticias\/deputacion-da-coruna-achegara-150000-euros-para-obras-de-ampliacion-do-pavillon-municipal-de\/"},"modified":"2023-11-10T08:48:15","modified_gmt":"2023-11-10T08:48:15","slug":"deputacion-da-coruna-achegara-150000-euros-para-obras-de-ampliacion-do-pavillon-municipal-de","status":"publish","type":"noticias","link":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/noticias\/deputacion-da-coruna-achegara-150000-euros-para-obras-de-ampliacion-do-pavillon-municipal-de\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a achegar\u00e1 150.000 euros para as obras de ampliaci\u00f3n do pavill\u00f3n municipal de deportes de Pedrouzos, en Bri\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>Leira confirmou que nos pr\u00f3ximos d\u00edas, o presidente provincial, Valent\u00edn Gonz\u00e1lez Formoso, e o alcalde de Bri\u00f3n poder\u00e1n asinar o convenio polo que a Deputaci\u00f3n cofinanciar\u00e1 con 150.000 euros as obras de ampliaci\u00f3n do pavill\u00f3n municipal de deportes de Pedrouzos. Un proxecto que ascende a un total de 540.346 euros.<\/p>\n<p>Leira Pi\u00f1eiro confirmoulle ao alcalde brion\u00e9s que todos os tr\u00e1mites administrativos xa est\u00e1n realizados polo que nos pr\u00f3ximos d\u00edas estar\u00e1n en disposici\u00f3n de po\u00f1er a disposici\u00f3n do Concello de Bri\u00f3n eses 150.000 euros. De feito, o Pleno municipal do pasado mes de outubro xa aprobou por unanimidade un cr\u00e9dito extraordinario de 390.346,08 euros para a ampliaci\u00f3n do polideportivo municipal, polo que as obras poder\u00e1n licitarse en breve.<\/p>\n<p>Pablo Lago agradeceu o compromiso da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a co deporte brion\u00e9s \u00ab<em>pois estamos falando dun proxecto moi necesario xa que o actual polideportivo quedou pequeno e precisamos constru\u00edr un segundo recinto que serva tanto para a pr\u00e1ctica deportiva como para acoller actividades culturais e educativas organizadas polo Concello e polos centros educativos de Bri\u00f3n<\/em>\u00ab.<\/p>\n<p>Unha realidade que Antonio Leira puido comprobar sobre o terreo na s\u00faa reuni\u00f3n con representantes dos clubs deportivos do municipio no polideportivo municipal de Pedrouzos. Un encontro no que tomaron parte representantes do Club Baloncesto Bri\u00f3n, Club de Patinaxe Bri\u00f3n, SD Bri\u00f3n e SD Lua\u00f1a, aos que o responsable provincial de Deportes instou a solicitar as axudas que tanto a Deputaci\u00f3n como a Xunta de Galicia convocan para o funcionamento das entidades deportivas, po\u00f1endo de manifesto que o ano pasado non se rexistrou ningunha petici\u00f3n na entidade provincial procedente do municipio.<\/p>\n<p><strong>Peche do patio<\/strong><\/p>\n<p>Tras conversar cos representantes dos clubs deportivos brioneses, Antonio Leira e Pablo Lago comprobaron sobre o terreo onde ir\u00eda emprazado o novo recinto, de 630 m2 a car\u00f3n do actual polideportivo. Un pavill\u00f3n que ser\u00e1 utilizado tanto para a pr\u00e1ctica deportiva como para a realizaci\u00f3n de actividades culturais e\/ou educativas por parte do colexio, do instituto ou do propio Concello de Bri\u00f3n. O novo inmoble contar\u00e1 cunha capa impermeabilizante e con paneis absorbentes ac\u00fasticos, polo que manter\u00e1 unha boa temperatura e unhas condici\u00f3ns axeitadas para a pr\u00e1ctica de calquera tipo de actividade cultural, social ou deportiva.<\/p>\n<p>O proxecto incl\u00fae tam\u00e9n a construci\u00f3n dunha p\u00e9rgola de acceso \u00e1 nova ampliaci\u00f3n, de 128,77 m2, que protexer\u00e1 da choiva tanto \u00e1s persoas usuarias desta instalaci\u00f3n como ao alumnado do CEIP e do IES que utilizan os autobuses escolares para achegarse ou marchar do centro durante a xornada de ma\u00f1\u00e1. Uns centros que tam\u00e9n foron visitados polo titular provincial de Deportes, a quen o alcalde lle planteou un proxecto a futuro: a posibilidade de colaborar no peche dun dos patios para abrilo \u00e1 pr\u00e1ctica deportiva dos clubs fora das horas lectivas. Unha iniciativa a longo prazo, xa que primeiro o Concello de Bri\u00f3n precisa obter a cesi\u00f3n da instalaci\u00f3n por parte da Conseller\u00eda de Educaci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>Campo de f\u00fatbol Jos\u00e9 Pumar<\/strong><\/p>\n<p>Finalmente, o alcalde e o deputado despraz\u00e1ronse ata o campo de f\u00fatbol Jos\u00e9 Pumar, na parroquia de Bastavales, onde se reuniron con parte da directiva do Bastavales UD, encabezada pola s\u00faa presidenta Ana Bouzas. Antonio Leira puido co\u00f1ecer sobre o terreo as instalaci\u00f3ns actuais do Bastavales UD, un campo de terra cuxo proxecto de acondicionamento e remodelaci\u00f3n est\u00e1 a ser redactado pola Real Federaci\u00f3n Galega de F\u00fatbol, despois do convenio asinado recentemente co Concello de Bri\u00f3n.<\/p>\n<p>As obras supor\u00e1n unha remodelaci\u00f3n integral do campo de f\u00fatbol que v\u00e9n empregando o Bastavales UD, inclu\u00edda unha ampliaci\u00f3n da s\u00faa superficie en dez metros. As\u00ed, coas novas dimensi\u00f3ns poderase xogar tanto a F\u00fatbol-11 como a F\u00fatbol-8, en dous campos de xogo. O proxecto incl\u00fae tam\u00e9n un novo alumeado, con catro torres de 20 metros e proxectores LED, as\u00ed como una rede para a recollida da auga da chuvia e a instalaci\u00f3n dunha nova rede de rego e dun peche das instalaci\u00f3ns en aluminio. Unha actuaci\u00f3n que supor\u00e1 un investimento de case 550.000 euros.<\/p>\n<p>Pablo Lago explica que \u00ab<em>unha vez te\u00f1amos o proxecto temos que buscar a colaboraci\u00f3n doutras administraci\u00f3ns, como son a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e a Xunta de Galicia, para a realizaci\u00f3n dunha obra que est\u00e1 cada d\u00eda m\u00e1is preto de ser unha realidade despois de moitos anos agardando por ela<\/em>\u00ab.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O deputado de Deportes, Antonio Leira, mantivo un encontro co alcalde, Pablo Lago, e representantes dos clubs deportivos de Bri\u00f3n<\/p>\n","protected":false},"featured_media":1550,"template":"","meta":{"_start_date":"","_end_date":"","_formatted_date":"","_start_time":"","_end_time":"","_extra_info":"","_acta_year":"","_acta_date":"","_post_attachments":[]},"categories":[],"class_list":["post-1551","noticias","type-noticias","status-publish","has-post-thumbnail","hentry"],"categories_data":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/noticias\/1551","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/noticias"}],"about":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/noticias"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1550"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1551"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1551"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}