{"id":1483,"date":"2022-05-23T15:09:24","date_gmt":"2022-05-23T15:09:24","guid":{"rendered":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/noticias\/brion-negreira-e-ames-acolleran-esta-semana-o-primeiro-campionato-de-espana-junior-masculino\/"},"modified":"2022-05-23T15:09:24","modified_gmt":"2022-05-23T15:09:24","slug":"brion-negreira-e-ames-acolleran-esta-semana-o-primeiro-campionato-de-espana-junior-masculino","status":"publish","type":"noticias","link":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/noticias\/brion-negreira-e-ames-acolleran-esta-semana-o-primeiro-campionato-de-espana-junior-masculino\/","title":{"rendered":"Bri\u00f3n, Negreira e Ames acoller\u00e1n esta semana o primeiro campionato de Espa\u00f1a j\u00fanior masculino de voleibol"},"content":{"rendered":"<p>As instalaci\u00f3ns deportivas de Bri\u00f3n, Negreira e Ames acoller\u00e1n do 25 ao 29 de maio a primeira edici\u00f3n do campionato de Espa\u00f1a de voleibol na categor\u00eda j\u00fanior masculina, que reunir\u00e1 a 21 equipos con m\u00e1is de 400 deportistas de elite. Un campionato organizado pola Real Federaci\u00f3n Espa\u00f1ola de Voleibol e o CD Padre Faustino, en colaboraci\u00f3n cos tres Concellos e a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a.<\/p>\n<p>Un campionato que foi presentado esta ma\u00f1\u00e1 no auditorio do centro sociocultural de Negreira da man dos alcaldes de Bri\u00f3n, Pablo Lago; Ames, Blas Garc\u00eda; a tenente de alcalde de Negreira, Mar Garc\u00eda; a deputada provincial da \u00c1rea de Deportes na Deputaci\u00f3n, Cristina Capel\u00e1n; o presidente da Federaci\u00f3n Galega de Voleibol, Jos\u00e9 \u00c1ngel Luna; e o presidente do CD Padre Faustino, Joseba Pajuelo.<\/p>\n<p><strong>Dinamizar concellos<\/strong><\/p>\n<p>Pablo Lago destacou a importancia de que \u201cos concellos nos unamos para promover este tivo de eventos que serven para po\u00f1er en valor os nosos atractivos e atraer centos de visitantes aos nosos municipios, o que de seguro agradecer\u00e1n os nosos hostaleiros e comerciantes\u201d. Neste sentido, salientou que dos 65 partidos que se xogar\u00e1n entre o 25 e o 29 de maio, o pavill\u00f3n municipal de Pedrouzos acoller\u00e1 12 encontros, sendo Negreira a sede dos partidos polo terceiro e cuarto posto e pola final o domingo 29 a partir das 10:00 horas.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, Blas Garc\u00eda, insistiu na importancia da colaboraci\u00f3n entre Concellos para hospedar eventos ou mellorar servizos. \u201cEstes d\u00edas falouse moito da fusi\u00f3n de concellos, algo do que persoalmente non estou a favor. O que si defendo \u00e9 que fusionemos servizos, e este \u00e9 un claro exemplo. Eu creo que \u00e9 moi importante que os concellos nos unamos para poder organizar actividades tan importantes coma esta, un campionato de Espa\u00f1a, e que esperamos que a Federaci\u00f3n conte connosco en m\u00e1is ocasi\u00f3ns\u201d, sinalou.<\/p>\n<p>Finalmente, Mar Garc\u00eda salientou que \u201cpara n\u00f3s, \u00e9 un orgullo acoller probas deste tipo, reforzando a nosa aposta polo deporte e impulsando tam\u00e9n a econom\u00eda local, sobre todo sectores como a hostaler\u00eda e os hoteis\u201d<\/p>\n<p>Dende a Deputaci\u00f3n, Cristina Capel\u00e1n falou do impacto deste campionato \u00e1 hora de dinamizar e amosar estes tres municipios pois \u201cNegreira, Ames e Bri\u00f3n van ser un punto de encontro de talento novo, van ser parte das vivencias que van forxar a carreira destes grandes deportistas. Unha oportunidade \u00fanica non s\u00f3 por iso, sen\u00f3n que tam\u00e9n para amosar que no interior da Coru\u00f1a temos moito que ofrecer, unha ocasi\u00f3n para amosar o patrimonio natural, cultural e paisax\u00edstico da zona, as\u00ed como para mover a econom\u00eda local\u201d.\u00a0 <\/p>\n<p>\u201cAgora toca traballar para que o proxecto saia ben e se poida repetir\u201d, conclu\u00edu Joseba Pajuelo, presidente do CD Padre Faustino, club organizador do evento. \u201cImos dar a co\u00f1ecer tres concellos pr\u00f3ximos a Santiago que a mi\u00fado pasan desapercibidos, pod\u00eda parecer que cando xurdiu a idea \u00eda ser complicado unir a tres municipios pero non foi as\u00ed, aceptouse como un proxecto bonito e duradeiro\u201d.<\/p>\n<p><strong>21 equipos e m\u00e1is de 400 deportistas de elite<\/strong><\/p>\n<p>O campionato traer\u00e1 aos concellos de Ames, Bri\u00f3n e Negreira un total de 21 equipos j\u00fanior de elite, con m\u00e1is de 400 deportistas de elite, \u201cxogadores que na s\u00faa inmensa maior\u00eda xa xoga en categor\u00eda s\u00e9nior, e mesmo alg\u00fan internacional na selecci\u00f3n absoluta\u201d, destacou o presidente da Federaci\u00f3n Galega de Voleibol. \u201cSen d\u00fabida \u00e9 unha oportunidade para ver o voleibol do futuro, de futuros membros da selecci\u00f3n espa\u00f1ola\u201d, engadiu Jos\u00e9 \u00c1ngel Luna.<\/p>\n<p>Os 21 equipos que participan nesta primeira edici\u00f3n do campionato j\u00fanior masculino son Vao Ontinyent (Valencia), Jealsa (A Coru\u00f1a), Demax Clinic Descubre Fuentes (Sevilla), Arona Tenerife Sur (Santa Cruz de Tenerife), Aldebaran San Sadurni\u00f1o (A Coru\u00f1a), Carthago V\u00f3ley (Murcia), Club V\u00f3ley Palma (Baleares), CV Zaragoza (Zaragoza), Bar\u00e7a Voleibol (Barcelona), CV Melilla (Melilla), CUV Alcorc\u00f3n (Madrid), Tarragona SPSP (Tarragona), CV Valencia (Valencia), Cisneros Alter VB (Santa Cruz de Tenerife), FS Castellar (Barcelona), La Fuensanta (M\u00e1laga), Parla V\u00f3ley (Madrid), Servigroup Benidorm (Alacant), VP Madrid (Madrid), CV Sant Mart\u00ed (Barcelona) e ADEVA Ciudad de Hell\u00edn (Albacete).<\/p>\n<p>Os partidos xogaranse no pavill\u00f3n municipal de Bri\u00f3n, no pavill\u00f3n municipal de Bertamir\u00e1ns e no pavill\u00f3n Pedra M\u00e1moa de Negreira, que ser\u00e1 a sede da final e do partido polo terceiro e cuarto posto. Horarios dos partidos: <a href=\"https:\/\/www.concellodeames.gal\/sites\/default\/files\/noticias\/adjuntos\/2022\/05\/horarios_campionato_de_voleibol.pdf\">preme nesta ligaz\u00f3n para consultar os horarios dos diferentes partidos que se van a disputar no campionato<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O torneo traer\u00e1 aos tres municipios un total de 21 equipos, con m\u00e1is de 400 deportistas de elite, do 25 ao 29 de maio<\/p>\n","protected":false},"featured_media":1482,"template":"","meta":{"_start_date":"","_end_date":"","_formatted_date":"","_start_time":"","_end_time":"","_extra_info":"","_acta_year":"","_acta_date":"","_post_attachments":[]},"categories":[],"class_list":["post-1483","noticias","type-noticias","status-publish","has-post-thumbnail","hentry"],"categories_data":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/noticias\/1483","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/noticias"}],"about":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/noticias"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1482"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1483"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1483"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}