Brión acollerá as xornadas inaugurais de Espazos Sonoros, un festival de músicas en espazos de interese cultural organizado pola Deputación da Coruña coa idea de poñer en valor o noso patrimonio cultural, musical e organístico ao tempo que achegar este tipo de música á veciñanza. Un proxecto que este ano conta coa colaboración do Concello de Brión.
DATAS: O programa comeza o sábado 11 de setembro, ás 11:00 horas, cun percorrido pola Luaña e Cornanda acompañados das cantigas medievais de Manseliña.
O domingo 12 de setembro, ás 15:00 horas, itinerario polas terras de Altamira e concerto de Ensemble Oni Wytars na Igrexa de San Fins de Brión ás 19:00 horas.
INSCRICIÓNS para as rutas e concertos: do 6 ao 9 de setembro no enderezo de correo electrónico: actividades@espazossonoros.org
MÁIS INFORMACIÓN: http://www.espazossonoros.org/