Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

Coidados porta a porta :: FEBREIRO 2023

Calendario

Del 14 de febrero al 16 de febrero de 2023

Hora

De 09:00 a 20:00h.

Ubicación

Praza das Polbeiras (Carballeira de Santa Minia)

A Xunta de Galicia puxo en marcha o programa de Coidados porta a porta, que percorrerá todos os concellos de Galicia, agás as sete cidades, para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a máis de 100.000 galegos.

Que servizos se prestan?

Servizo de podoloxía: Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.
Servizo de audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.

A quen vai dirixido?

Destes servizos poderán beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito gratuíto.

Como se leva a cada localidade?

Oito autobuses percorrerán as máis de 300 localidades con profesionais de cada unha das especialidades. Permanecerán entre tres e catro días en cada concello atendendo con cita previa.

Cando estará en Brión?

Será os días 14, 15 e 16 de febreiro de 9:00 a 20:00h. na explanada onde se colocan as polbeiras de Santa Minia.

Como pido cita?

Pode solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 – 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

Horarios de visita

Esta actividad tendrá lugar Praza das Polbeiras (Carballeira de Santa Minia), en la fecha: 14 de febrero de 2023, en el siguiente horario:

A las De 09:00 a 20:00h.

Documentos asociados

Últimos avisos

×
Buscar
×
Archivos encontrados

Buscando archivos...

Este sitio está registrado en wpml.org como sitio de desarrollo. Cambia a una clave de sitio de producción en remove this banner.