Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA – CONCELLO DE BRIÓN

Calendario

9 de marzo de 2024

Hora

A partir das 16:30h.

Ubicación

Carballeira de Santa Minia

Esta proba solidaria co-organizada polo Concello de Brión e o Club Deportivo Brión terá lugar o vindeiro sábado 9 de marzo de 2024 sobre un circuíto de 7km aproximados (90% monte)

Haberá trofeos para:
– 3 primeiras mulleres e 3 primeiros homes que realicen o circuíto no menor tempo
– 3 mellores clubs clasificados
– 3 primeiras mulleres e 3 primeiros homes de cada categoría

A saída será a partires das 16:00h. en grupos de 6 persoas por orde alfabética de apelidos e con 30s de diferencia entre cada grupo.

Prezo: 8€

Toda a recadación en metálico será doada integramente a ART FOR DENT, unha asociación sen ánimo de lucro que nace no ano 2020 a iniciativa dun grupo de familias galegas de Brión, Muros, Pontevedra e Lugo, con nenos afectados pola enfermidade de DENT, unha doenza minoritaria que afecta gravemente ás funcións habituais dos riles. O principal obxectivo desta asociación é recadar fondos para a financiación da enfermidade de Dent no NefroChus (Laboratorio de  Xenética de enfermidades renais do IDIS, Santiago de Compostela).

Mais info e inscricións: https://i.gal/CronoescaladaBrion24

Ao rematar a proba contaremos con servizo de POLBEIRA CON PREZOS POPULARES na Carballeira de Santa Minia para todas as persoas que o desexen.

Organizan:
Concello de Brión
Club Deportivo Brion

Colaboran:
Hyundai Hyupersa Santiago
Adrian García Abogados
Macía Dental
Galitiming

Horarios de visita

Esta actividad tendrá lugar Carballeira de Santa Minia, en la fecha: 9 de marzo de 2024, en el siguiente horario:

A las A partir das 16:30h.

Documentos asociados

Últimos avisos

×
Buscar
×
Archivos encontrados

Buscando archivos...

Este sitio está registrado en wpml.org como sitio de desarrollo. Cambia a una clave de sitio de producción en remove this banner.