Para conmemorar o Día das Bibliotecas, visitará Brión Vero Rilo que presentará o seu espectáculo de narración oral: “E a ti… que che contaban?”
DATA: xoves, 24 de outubro
HORA: 18:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Sala Municipal de Exposicións
Entrada de balde ata completar a capacidade do local. Reserva a túa butaca neste formulario.
Máis información no blog da biblioteca.
Espectáculo organizado pola Biblioteca Municipal co apoio do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.