Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

EXPOSICIÓN: ROSALÍA, PROCLAMAR AO MUNDO QUE GALIZA EXISTE

Calendario

24 de febreiro de 2026

Hora

19:00 h.

Ubicación

Centro Social Polivalente. Av. de Sta. Minia, nº 46 – Pedrouzos, Brión

A plataforma social Vía Galega presenta en Brión a mostra “Rosalía, proclamar ao mundo que Galiza existe”.

A exposición, con textos do investigador Francisco Rodríguez sobre a obra e vida de Rosalía, fusiona tres aspectos determinantes para coñecer e valorar a figura da autora: a súa biografía, o contexto histórico e socio-cultural no que se desenvolve e a orientación, sentido e vixencia da obra. En nome de Vía Galega intervirá Anxo Louzao, membro da Coordinadora Nacional.

ACTO DE INAUGURACIÓN:

DATA: 24 de febreiro
HORA: 19:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente de Brión

Para un mellor desenvolvemento do acto, os organizadores pregan confirmar asistencia a través do enderezo de correo electrónico coordenadora@viagalega.gal
antes do luns 23 de febreiro.

Horarios de visita

Esta actividade terá lugar en Centro Social Polivalente. Av. de Sta. Minia, nº 46 – Pedrouzos, Brión ata o 24 de febreiro de 2026, no seguinte horario:

Ás 19:00 h.

Documentos asociados

Non hai documentos dispoñibles.

Últimos avisos

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.