Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

BRIÓN CULTURAL: TEATRO DO ATLÁNTICO “LIBRE COMA OS PAXAROS”

Calendario

23 de outubro de 2021

Hora
Ubicación

Centro Social Polivalente

Teatro do Atlántico presenta “Libre coma os paxaros”

Tódolos públicos.

Data e hora de celebración: sábado 23 de outubro ás 20:00 h.

Lugar: Centro Social Polivalente

Entrada de balde ata completar aforo. Reserva en: entradasbrion@gmail.com (Enviar mensaxe co nome dos asistentes, NIF e teléfonos de contacto) ata as 14:00 h. do día 21 de outubro.

Sinopse:

Unha muller toma a palabra e proclámase posuidora da súa liberdade. Declara, desafiante, non someterse ás regras da arte no exercicio da súa actividade creativa, nin acatar mandatos dos seus iguais.
Declara o seu amor pola literatura, a poesía e a lingua do seu país; o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo; e expresa a súa solidariedade e a súa dor polas miserábeis condicións de vida que aquelas teñen que soportar.
Denuncia o espolio do patrimonio forestal, a traxedia da emigración á que se ven obrigados centos de miles de compatriotas para poder sobrevivir, eles e as súas familias, á fame e á miseria. E clama contra o silencio que todo o envolve.
Muller.
Filla de nai solteira. E de pai cura. Escritora. E poeta. Galega de pensamento libre. Libre coma os paxaros.
Chámase María Rosalía Rita de Castro.

Máis información sobre o espectáculo: https://teatrodoatlantico.com/2020/11/05/libre-coma-os-paxaros/

Horarios de visita

Esta actividade terá lugar en Centro Social Polivalente ata o 23 de outubro de 2021, no seguinte horario:

Documentos asociados

Non hai documentos dispoñibles.

Últimos avisos

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.